SINOPSE

O parque é o lugar onde Xurxo, Catuxa, Xiana e Margarida quedan para xogar todos os días. Os catro amigos non perden ocasión de pasalo ben, compartir e vivir aventuras en contacto coa natureza. Cada un ten o seu xeito de entender a diversión, pero xuntos conseguen que cada día sexa o mellor día do mundo.

Con eles aprendemos o respeto pola natureza, a importancia da diferenza, a necesidade de reciclar e o valor da amizade por riba de todas as cousas.

PERSONAXES

Xurxo

Ola! Son Xurxo e o que máis me gusta no mundo é durmir. Aínda que tamén me gusta moito xogar ao balón, saltar nas pozas… ah! e a torta de landras!

Catuxa

Son Catuxa e cos meus amigos sempre o paso ben. Teño curiosidade por todo o que pasa no mundo e sei que se están Xurxo, Xiana e Mrgarida nada pode saír mal.

Margarida

Chámome Margarida e son moi aventureira. Sempre quero vivir grandes emocións, pero con coidadiño e sen meterme en líos.

Xiana

O meu nome é Xiana. Gústame pintar e estar á moda, case nunca queren xogar ao que quero eu, pero aínda aí quero moito aos meus amigos.

EPISODIOS

A mellor bicicleta do mundo

A gran sorpresa branca

O aniversario

De quen será?

Medras ou non?

O amigo americano

Papaventos

Parece que vai chover

Salvamento marítimo

Unha grande artista

XABARÍN

Xa podes ver Bechos na web e na app do xabarín!

IMAXES

Descarga as imaxes de Catuxa, Xurxo, Xiana e Margarida para colorear!

EQUIPO

  • Idea orixinal
    Sofía García e Saúl Rivas
  • Dirección
    Andrés Mahía
  • Directora de animación
    Laura Mahía
  • Guión
    Andrés Mahía, Patricia Castrillón e Saúl Rivas
  • Animación
    Laura Mahía, David Plaza e Lucía Rodríguez
  • Voces
    Patricia Castrillón. Laura Mahía, Laura Canto, Marita Martínez, Santi Jul e Xosé A. Touriñán
  • Son e músicas orixinais
    Santi Jul e Iván Laxe
  • Direción de produción
    Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
  • Xefa de produción
    Laura Canto

ESCRÍBENOS!

Se queres contarnos calquera cousa sobre Bechos ou saber máis sobre o proxecto, podes facelo en ola@bechos.gal